Non hai moito tempo todo se amañaba, incluso os xoguetes rotos. Lembro na miña infancia acudir a algún familiar para que dese novo esplendor a algún dos meus xoguetes danados. Con boa vontade, técnicas improvisadas e materiais ao alcance da man restablecíase a función do xoguete, aínda que inevitablemente os resultados alteraban a súa estética orixinal, producindo resultados surrealistas.
Esta lembranza da infancia inspira esta peza de "As tres Grazas", tres bonecas Barbie mutiladas polo uso e reparadas con agarimo.