Machado (CURTAMETRAXE) 2019

Coa colaboración de João Aveledo e Germán Díaz

Saír ao mundo nestes tempos cunha profesión como a de escultor é como entrar na fraga cun machado que ten a folla de madeira e o mango de aceiro.

A historia do machado proxecta unha reflexión sobre a inutilidade, o fracaso e a esperanza.

Cunha actitude romántica, o protagonista da curta entrégase a un metódico proceso artesanal para reelaborar un obxecto utilitario como o machado; anulando a función da ferramenta convértea nun obxecto escultórico carente de calquera utilidade práctica.

O machado coa folla de madeira, nas mans do seu creador entrando na fraga, ofrece unha posibilidade sen ningunha garantía de éxito. Aínda así, o machado, como calquera outra creación artística, contén a esperanza de cumprir a súa "función" ou misión, ao tempo que retrata a actitude vital dun creador.





xx