Un sólido capaz é un volume xeométrico coas dimensións axeitadas para elaborar na súa masa interior outra forma, xeralmente elementos arquitectónicos ou escultóricos. A palabra en si mesma é dunha intuición poética marabillosa, un sólido capaz, pero de que?
É como un contedor capaz de conter unha forma no seu espazo interior sólido. O destino do sólido capaz do proxecto podería ser labrar un sillar de cantería, dos miles que se precisan para construír un templo. Con todo, no seu espazo interior é "capaz" de conter a volumetría básica de todo un templo, á vez que a auga que ocupa o baleiro que ocupou a masa de pedra sumerxía a forma do templo.