A proposta de tallar una crucificada foi suxerida polo promotor da obra. Afortunadamente non foi difícil levar este proxecto ao meu terreo para poder resolvelo coa maior paixón posible. A miña ilusión sempre foi tallar un crucificado, pola simple experiencia e o romanticismo que supón un proxecto de tal magnitude. Deseguido entendín que a proposta de tallar unha crucificada era, se cadra, máis evocadora polas preguntas que suxire.
O simple feito de substituír ao protagonista masculino da crucifixión por unha muller transforma o significado relixioso orixinal desta icona universal, converténdoo en laico. Aínda así, a crucificada, na súa apreciación estética máis arrelixiosa, segue transpirando espiritualidade.