A súa pose fai referencia ao coñecido cadro do Greco, mais a súa man cravada sobre o peito fainos lembrar a unha Dolorosa. Con todo, o cabaleiro da man no peito aforra en artificios que o acheguen á realidade. A súa escala é inferior á dun ser humano, sen policromía que agoche a súa construcción.
Todo nel está á vista, cada ensambladura, cada un dos cortes da gubia sobre a súa pel de madeira. A través das súas costas mostra as súas entrañas baleiras. Máis importante que recoñecer unha figura humana é recoñecer unha emoción humana. Ó igual que un "Doloroso" o cabaleiro da man no peito é un retrato da dor.